Declaración de accesibilidade de EAA
A nosa política
En Badoo, a equidade está no corazón dos nosos valores. É moito máis que unha simple palabra de moda para nós. Estamos traballando para facer que as experiencias Badoo sexan accesíbeis, xustas e equitativas.
Esta declaración de accesibilidade foi preparada para informar aos nosos usuarios sobre a accesibilidade do noso servizo, incluíndo o seu aliñamento cos estándares legais e técnicos pertinentes. Esta declaración de accesibilidade aplícase aos elementos dos nosos servizos [RS2] cubertos pola Lei Europea de Accesibilidade, en particular os nosos servizos de comercio electrónico, que permiten aos usuarios acceder a unha variedade de funcións avanzadas e melloradas de Badoo. Pódese acceder a estes servizos a través da aplicación Badoo.
Estado de accesibilidade
A Lei Europea de Accesibilidade esixe que deseñemos os nosos servizos de comercio electrónico (incluíndo os métodos de identificación e pagamento) tendo en conta a accesibilidade, de tal xeito que sexan perceptíbeis, operábeis, comprensíbeis e robustos. Ademais diso, o noso obxectivo é diseñar os nosos sitios web e aplicacións de móbil dacordo coas Pautas de Accesibilidade ao Contido Web 2.1, Nivel AA do W3C. Para acadar estes obxectivos:
- Colaboramos con consultoras de accesibilidade como Level Acces para comprender como facer que os nosos servizos sexan máis accesíbeis
- Evaliando as nosas experiencias dixitais segundo os estándares de accesibilidade globais.
- Aprendendo dun equipo diverso de especialistas en accesibilidade, incluíndo persoas usuarias con discapacidades e necesidades adicionais de accesibilidade.
Medidas tomadas
Para garantir a accesibilidade dos nosos servizos:
- Colaboramos con Level Access para realizar avaliacións exhaustivas de accesibilidade e recibir asesoramento.
- Integramos ferramentas de accesibilidade nas nosas plataformas, incluindo tecnoloxías de axuda como alternativas ao teclado, funcións de voz e navegación sen contacto.
- Realizamos probas con persoas usuarias con discapacidade para recoller opinións reais e orientar as melloras.
- Integramos as consideracións de accesibilidade no ciclo de vida de desenvolvemento do produto e nos procesos de control de calidade.
- Establecemos un programa de accesibilidade dixital en toda a organización.
- Implementamos unha plataforma de asistencia para os usuarios. Esta plataforma está dispoñíbel de forma gratuíta para persoas que teñen dificultades para escribir, xesticular, mover o rato ou ler. Incorpora ferramentas como sustitutos do rato e do teclado, recoñecemento de voz, activación por voz, navegación sen man/contacto e moito máis.
Vindeiras melloras
O noso traballo en materia de accesibilidade é un proceso continuo. Seguiremos:
- Supervisando e mellorando a accesibilidade en tódalas nosas plataformas dixitais.
- Solucionando os problemas coñecidos e prevendo obstáculos futuros mediante un deseño que teña en conta a accesibilidade.
- Ampliando a formación e a sensibilización internas para mellorar as prácticas de deseño inclusivo.
Comentarios e contacto
Aínda que o noso obxectivo é garantir o acceso a tódolos usuarios, poden existir algunhas limitacións. Agradecemos os teus comentarios para axudarnos a mellorar, polo que se atopas barreiras de accesibilidade ou necesitas información nun formato alternativo, por favor, ponte en contacto con nós en [email protected].